Centro Social y Cultural Bergantiños de Montevideo

Ademais da edición da revista “Bergantiños, de periodicidade anual, teñen un grupo folclórico “Morriñas de Bergantiños”, que participa nos actos e actividades organizados polo centro.

Realizan excursións a balnearios e santuarios, xantares de confraternidade e actos similares.
Celebran conferencias e exposicións de temática variada destinadas a difundir a cultura galega.

Anualmente celebran unha bonita festa, a principios do mes de xaneiro, coincidindo co aniversario da institución.

Organizan actividades deportivas, sendo as máis destacables: fútbol-sala, artes marciais, pelota a man e ximnasia.